Os seres fantásticos do profe Cali ,
invadiron o Entroido do noso cole.
Por primeiro de primaria, apareceron uns simpáticos ananos.
Os seres fantásticos do profe Cali ,
invadiron o Entroido do noso cole.
Por primeiro de primaria, apareceron uns simpáticos ananos.
Hoxe a clase de plástica foi especial,
Lorena tróuxonos flores e demáis e
fixemos uns centros moi chulis.
Hoxe visitamos o Centro de Interpretación do Monte Aloia e percorrimos un anaco da senda botánica. Moi interesante todo o que observamos e o que os monitores nos ensinaron.
Descubrimos tamén que a Natureza está chea de tesouros!!!!
E pasámolo xenial!!!!
Clicade na foto para comprobalo!!!!
Esta semana estivemos preparando unha actividade moi interesante para contribuir no coidado do medio ambiente.
A partir de caixas de cartón de diferentes envases, démoslle a volta , voltamos a montalas e démoslle unha segunda vida.
Clasificámolas por tamaños, logo botámoslle moita imaxinación creando por equipos cousiñas moi interesantes, dende un centro comercial, unha ponte, unha pirámide, unha mesa, un cohete, unha cama...
Todo nos gustaba, pero finalmente tivemos que decidir no equipo a estrutura que queriamos compartir con todos os nenos do cole.
Unha vez decidido o que queriamos, pegamos as caixas, pintámolas e preparamos un texto para explicar a actividade a todo o cole, que tivo como finalidade tomar conciencia das tres palabras máxicas que vai agradecer o noso planeta se as levamos a cabo:
REDUCIR - RECICLAR - REUTILIZAR
O venres nun acto conxunto celebramos o Dia Mundial do Medio Ambiente, pero non so iso, tamén bailamos o Despacito Ecolóxico e dúas cancións máis.
Pasámolo xenial e pouco a pouco imos tendo claro que
hai que coidar moito o noso planeta!!!!!!
Estes días fixemos xunto cos compañeir@s de 2º,
un pequeno horto escolar.
Neste video poderedes ver o proceso, que vai dende os preparativos da terra, a nota que fixemos por parellas para saber o que tiñamos que mercar, a compra no mercado e ata como nos organizamos por equipos para plantar ...
Unha experiencia moi completa!!!!!
Para rematar este segundo trimestre o alumnado de 1º e 2º de Primaria, fixo un percorrido por Tui, onde tiñamos que atopar as plantas, árbores e monumentos que cada equipo levaba na foto do seu colgante. Unha vez que os localizamos líamos a información e o mellor de todo foi buscar os ovos de chocolate que estaban agochados pola zona de cada equipo.
Tamén gozamos do Parque do Penedo e dunha merecida merenda e por último botámoslle de comer aos parrulos da Marina.
Unha excursión moi completa!!!!