xoves, 20 de decembro de 2018

EXCURSIÓN: LA NAVE

Unha excursión que sempre ten éxito é a da Nave, en Vigo.
Se o queredes
 comprobar, so tedes que clicar na foto.


martes, 4 de decembro de 2018

A ONDE NOS LEVE O GPS



Este trimestre todo o noso cole traballamos o proxecto: 
" A onde nos leve o GPS",
Comenzamos descubrindo como funciona o GPS,
a primeira práctica foi seguir o percorrido dende o cole ata as nosas casas, para iso axudáronnos as nosas familias, algunhas utilizaron móbil e outras, o navegador do coche.

A segunda experiencia foi ir dende o cole ata a Casa Cultural de 
O Anxo, seguindo o itinerario do navegador do coche 
da profe Vero.

Outra experiencia foi ir dende o cole ata o rexistro civil de Tui e a Policía, seguindo o google maps nos móbiles das nosas familias.

Este video amosa como nos encanta seguir os itinerarios polo GPS.



O motivo de ir ao rexistro foi porque queríamos investigar cal é a nosa nacionalidade e como tamén  temos tres compañeiros novos, queriamos saber se eran de Tui coma nós.
Alí comprobamos que todos somos españois, pero non todos do mesmos concello, e que as familias de  tres compañeiros son marroquís.
Polo que embarcámonos no Proxecto:

"UN GPS CON DESTINO A MARRAKQUECH"

 Esta vez o GPS, levounos a Marrakech, 
unha importante cidade de Marrocos.

Decidimos organizar un finde nesta cidade,
Distribuídos en tres equipos investigamos  coa axuda das   nosas familias unha parte do proxecto:

*Hotel onde aloxarnos e servizos cos que conta
*Monumentos a visitar
*Onde comer e  cear. Que comer. Onde ir de compras.

 Utilizamos  o Google maps, para coñecer a ruta ata Marrakech, saber o medio de transporte máis axeitado (Os compañeiros de 2º, fixeron un estudo máis concienzudo deste tema) e por suposto coñecer como chegar aos lugares que queriamos visitar.

A mamá de Nouha ensinounos moitíiiiisimas cousas do seu país.

Aquí podedes comprobar o ben o que o pasamos,
sobre todo facendo pan marroquí.


Este proxecto, guiou a conferencia que fixemos conxuntamente cos compañeiros de 2º,  para todo o noso  cole. 
Esta presentación axudounos na nosa exposición oral:


E se queredes escoitar tamén vos a conferencia tan interesante que fixemos ..... 
clicade e vos mesmos poderedes comprobar, 
 que bos conferenciantes somos!!!!