martes, 22 de maio de 2018

BAUTIZO FLUVIAL NO MIÑO


Hoxe fixemos unha excursión chulísima,
 fomos á Marina (en Tui), para visitar o barco militar Cabo Fradera,
 mentras esperábamos o noso turno para subir ao barco, estivemos no parque, logo preparámonos con chalecos salvavidas.

Unha vez no barco e  dun xeito moi ordenado, fóronnos ensinando por grupos, o que eles chaman a ponte do barco (a cabina) e todo o que hai alí, unha ametralladora .... 
 aprendemos un montón de cousas.

 Logo tivo o lugar o bautizo fluvial, porque era a primeira vez que subiamos no barco e para rematar tivo lugar a entrega de diplomas.

E como non podía ser doutra forma,
 repuxemos forzas cunha boa merenda e
 un tempo de lecer no parque.

Pasámolo xenial   !!!!!!    e disfrutamos dunha vistas extraordinarias !!!!!!
Querémolo compartir con vós 
para que o disfrutedes tanto coma nós.