mércores, 26 de xuño de 2019

VISITA PARQUE BOMBEIROS

O mércores 12 de xuño, tivemos a oportunidade de visitar
 o Parque de bombeiros de O Porriño.
Persoal deste corpo de bombeiros ensináronnos en que consiste o seu traballo, as instalacións do parque, os traxes de seguridade...
Pero sin dúbida o que máis nos gustou foi ver e subir nos camións que están super-equipados.
Aprendemos cousas tan importantes como os riscos que podemos ter nas nosas casas e como actuar en caso de incendio. 

Unha experiencia moi ineresante!!!!

Poderedes comprobalo neste video.


luns, 10 de xuño de 2019

BAUTIZO FLUVIAL

Unha das mellores excursións deste curso foi o paseo polo río Miño, no Cabo Fradera, un barco militar.
A paisaxe extraordinaria e
 o que nos contaron os militares moi interesante.
Por uns instantes convertímonos en capitáns 
levando o timón do barco.
E por suposto, bautizáronnos por ser a primeira vez que iamos no Cabo Fradera (bueno algúns era a segunda vez que ían)
Unha experiencia chulísima!!!!!

xoves, 23 de maio de 2019

MAIOS 2019




Este ano fixemos un maio entre todos os profes e alumnos do cole.
A primeiro tocoulle colocar flores.
Algúns nenos e nenas encantoulles e traballaron moito.
Que calustra máis xeitosiña!!!!



venres, 3 de maio de 2019

ABN: OS AMIGOS DO NÚMERO 10

Traballamos cos "amigos do número 10" co método ABN.






Aprender os números e a contar co ABN





Os amigos do número 10. O método ABN infantil é un método que ten como 
base o número 10. Entón o primeiro que temos que ensinar aos nenos e as nenas é a 
contar. Para iso utilizamos xogos para aprender os números, neste caso  
os amigos do número 10”.
¿Cales son os amigos do número 10?
Os amigos do número 10 son parellas de números (iguais ou distintos) que ao
sumalos dan 10.Vexamos isto cun fermoso arco iris de números.

Arco iris de números

el juego del arco iris
Imaxinemos que temos este fermoso arco iris de números. Este arco iris nos vai a 
axudar a comprender aos amigos do número 10. Observa a seguinte imaxe:
arco iris de numeros
Só observa os números que sinalan as frechas, é dicir o nº 0 e o nº 10. 
Se a 0 lle sumamos 10 (que é o número que está do outro lado do arco iris, o número 
que obtemos é 10). 
Entón: 0 + 10 = 10.
Vexamos o que ocorre cos seguintes números. Agora, se observamos o número 1 e
 continuamos por esa curva cor laranxa ata encontrar ó número que está do outro

 lado do arcoíris, podremos saber que o 1 e o 9 son amigos do número 10. 

Entón: 1 +9 =10
material abn infantil
Se tomamos o número 2 e percorremos o arcoíris por esa curva cor amarela ata 
chegar ao número 8, sabremos que o número 2 e o 8 son amigos do número 1. 
Entón:2 + 8 =10
sistema abn
Sigamos agora co número 3. Vemos que, do outro lado do arcoíris, o número que 
acompaña ao 3 é o 7. Entón sabemos que 3 + 7 = 10
abn matematicas
Agora imos mirar o número 4. Si recorremos o número 4 ata cruzar o arco iris, 
atopamos co número 6. Entón o 4 e o 6 son amigos do número 10. 
Así: 4 + 6 =10
aprender los numeros
E qué pasa co número 5? Este número, só é amigo de sí mesmo. Entón: 
5 + 5 = 10
aprender a contar
Vedes que non é tan difícil?
E ocorre o mesmo se queremos facer o camiño inverso. Fai ti mesmo o exercicio e 
verifica co arco iris que é posible aprender a sumar coñecendo aos amigos do 
número 10.
10 + 0 =10
9 + 1 = 10
8 + 2 = 10
7 + 3 = 10
6 + 4 = 10
5 + 5 = 10
4 + 6 = 10
3 + 7 = 10
8 + 2 = 10
1 + 9 = 10


















ABN: DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS

Traballamos a descomposición de números co método ABN.






xoves, 4 de abril de 2019

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR 1º E 2º


O programa de radio escolar do 2 de marzo, 
preparámolo o alumnado de 1º e 2º de primaria.
Con motivo do Día de Rosalía, 
Uxía Senlle estivo en concerto no noso cole, 
con cancións recollidas no libro "Rosalía pequeniña".
Gustounos tanto, que a través da radio quixemos invitar 
a todos os nenos  e nenas que non deixen ler este libro.
Porque ....
SE POESÍAS DE ROSALÍA QUEREDES COÑECER,
ESTE LIBRO TEDES QUE LER!!!!!









luns, 18 de marzo de 2019

ABN: AS MOEDAS

Fixemos tamén cuenteo de moedas e que ben se nos da xa contar os euros e os céntimos!!!




MÉTODO MATEMÁTICO: O "ABN"

Seguimos coa recta numérica ordenando os números.

MÉTODO MATEMÁTICO: O "ABN"

Andamos co cuenteo ata o 10

MÉTODO MATEMÁTICO: O "ABN"

Practicamos matématicas co método ABN "Algoritmo Aberto baseado en Números". 


martes, 12 de marzo de 2019

PAZOSVISION ENTROIDO 2019


Este ano tivemos un Entroido moi festivaleiro.
por iso en vez de Eurovisión, chamámoslle Pazosvisión.
Nós xunto cos compañeiros e compañeiras de 2º 
representamos  a Portugal.
Coma en todas as festas de Entroido,
pasámolo xenial. 
Somentes hai que vernos ...





martes, 29 de xaneiro de 2019

VISITA EXPOSICIÓN PLAIMOBIL

O venres 25 de xaneiro, 
visitamos a exposición de Plaimobiles no Hotel Cemar en Mondariz Balneario, 
 pero o que máis nos gustou foi montar en cabalo,
 unha sorpresa inesperada !!!!

luns, 28 de xaneiro de 2019

CREADORES DE XOGUETES RECICLADOS



Durante as vacacións de Nadal, creamos 
un xoguetes con material de refugallo,
case tan chulos coma os que nos regalaron os Reis Magos.
Con eles fixemos un libriño para escribir en galego,
unha exposición na entrada do cole e cada un de nós, e a profe gravounos en video,  contando un pouquiño con que materiais o fixemos...
Clicade na foto e poderedes comprobar o ben que nos imos explicando en galego !!!!!