venres, 20 de novembro de 2020

 ANDY WARHOL EN PAZOS

Este curso quixemos decorar as nosas carpetas de plástica ao estilo Pop Art, que é un movemento artístico que xurdíu en Reino Unido e EEUU a mediados do século xx. 

Inspírase na estética da vida cotiá, 

no mundo do cine...  como é o cadro de 

"Marilyn Monroe" de Andy Warhol, 

Nós, inspirándonos tamén neste cadro, 

pintamos os nosos rostros ao estilo Warhol.

Mirade que resultados tan chulos...!!!!






martes, 10 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020


 Este ano non deixamos que o Coronavirus impedira que celebráramos o Samaín, aínda que dun xeito un pouco distinto a outros anos, sobre todo porque non poidemos xuntarnos 

con outros compis.

Que mágoa!!!!

Entre outras cousas fixemos un obradoiro de manualidades, recitamos por equipos a poesía do Fantasma Cucufato e fixemos tamén  un pequeno desfile entre nós, porque estabamos todos guapísimos... 

Do demáis xa sabedes como foi a través das fotos que vos chegaron.