sábado, 5 de xuño de 2021

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

 Esta semana estivemos preparando unha actividade moi interesante para contribuir no coidado do medio ambiente.

A partir de caixas de cartón de diferentes envases, démoslle a volta , voltamos a montalas e démoslle unha segunda vida.

Clasificámolas por tamaños, logo botámoslle moita imaxinación creando por equipos  cousiñas moi interesantes, dende un centro comercial, unha ponte, unha pirámide, unha mesa, un cohete, unha cama...

Todo nos gustaba, pero finalmente tivemos que decidir no equipo a estrutura que queriamos compartir con todos os nenos do cole.

Unha vez decidido o que queriamos, pegamos as caixas, pintámolas e preparamos un texto para explicar  a actividade a todo o cole, que tivo como finalidade tomar conciencia das tres palabras máxicas que vai agradecer o noso planeta se as levamos a cabo:

        REDUCIR - RECICLAR - REUTILIZAR

O venres nun acto conxunto celebramos o Dia Mundial do Medio Ambiente, pero non so iso, tamén bailamos o Despacito Ecolóxico e dúas cancións máis.

Pasámolo xenial e pouco a pouco imos tendo claro que

 hai que coidar moito o noso planeta!!!!!!






    

venres, 23 de abril de 2021

Estes días fixemos xunto cos compañeir@s de 2º, 

un pequeno horto escolar.

Neste video poderedes ver o proceso, que vai dende os preparativos da terra,  a nota que fixemos por parellas para saber o que tiñamos que mercar, a compra no mercado e ata como nos organizamos por equipos para plantar ...

Unha experiencia moi completa!!!!!



 

venres, 26 de marzo de 2021

A BÚSQUEDA DO OVOS DE CHOCOLATE POR TUI

 Para rematar este segundo trimestre o alumnado de 1º e 2º de Primaria, fixo un percorrido por Tui, onde tiñamos que atopar as plantas, árbores e monumentos que cada equipo levaba na foto do seu colgante. Unha vez que os localizamos líamos  a información e o mellor de todo foi buscar os ovos de chocolate que estaban agochados pola zona de cada equipo.

Tamén gozamos do Parque do Penedo e dunha merecida merenda e por último botámoslle de comer aos parrulos da Marina. 

Unha excursión moi completa!!!!


xoves, 18 de marzo de 2021

GOZANDO DA NATUREZA


Hoxe tivemos unha xornada distinta, fomos andando ata a Macoca e aprendimos un montón de cousas sobre a natureza, observamos como todo está mudando porque pronto chegará a primavera, fixemos uns debuxos chulísimos da Macoca 
e sobre todo gozamos da Natureza e do Sol...

Unha estupenda experiencia!!!!




 

venres, 26 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 O 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro, e dende hai uns anos, vimos celebrando este día para  mostrarlle o noso agarimo por todo o que fixo pola literatura e lingua galega.

Nós recitamos un poema recollido en 

"Cantares Gallegos".

Se queredes escoitalo, clicade na imaxe de Rosalía.





xoves, 25 de febreiro de 2021

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

 Esta semana participamos nun Obradoiro sobre compostaxe, lembramos a que contenedor ten o que ir o lixo e como  facer compostaxe.

O alumnado de 1º e 2º de primaria, trouxemos da casa restos orgánicos que xunto cos que recollimos na clase, fixemos crecer o composteiro do noso cole e descubrimos como se van transformando en abono.

Esta experiencia tan interesante querémola compartir con vós, 

so tedes que clicar na foto.



mércores, 17 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

 Este ano tivemos un Entroido distinto e adaptado ás circunstancias que estamos a vivir, pero non por iso menos divertido. 

Todos tivemos en conta as ordes do Meco que nos axudou a ter ao longo da semana, ese puntiño de alegría no cole. 

E por suposto non faltaron variedade de disfraces.


A alternativa foi facer obradoiros novidosos 

que resultaron moi ben!!!


Comprobádeo vós mesmos!!!!!!




xoves, 4 de febreiro de 2021

PAISAXES A TÉMPERA

Na clase de plástica estivemos experimentando coa témpera de barra, a temática elixida foi paisaxes.
Primeiro a imaxinabamos e logo a debuxamos libremente.

Mirade que obras de arte !!!!



martes, 12 de xaneiro de 2021

CONFERENCIA: UN ANTES E UN DESPOIS DA COVID-19

 A conferencia deste curso trata un tema que nos ocupou e preocupou en gran parte do 2019 e que non sabemos canto tempo do 2021... 


a tan sonada pandemia da Covid-19.

O alumnado de 1º e 2º analizamos os cambios que supuxo o coronavirus nos distintos ámbitos da nosa vida, que non foron poucos e que por certo...

desexamos  non tardar en volver a normalidade!!!!

Clicade na foto para ver e escoitar a nosa conferencia