mércores, 26 de xuño de 2019

VISITA PARQUE BOMBEIROS

O mércores 12 de xuño, tivemos a oportunidade de visitar
 o Parque de bombeiros de O Porriño.
Persoal deste corpo de bombeiros ensináronnos en que consiste o seu traballo, as instalacións do parque, os traxes de seguridade...
Pero sin dúbida o que máis nos gustou foi ver e subir nos camións que están super-equipados.
Aprendemos cousas tan importantes como os riscos que podemos ter nas nosas casas e como actuar en caso de incendio. 

Unha experiencia moi ineresante!!!!

Poderedes comprobalo neste video.


luns, 10 de xuño de 2019

BAUTIZO FLUVIAL

Unha das mellores excursións deste curso foi o paseo polo río Miño, no Cabo Fradera, un barco militar.
A paisaxe extraordinaria e
 o que nos contaron os militares moi interesante.
Por uns instantes convertímonos en capitáns 
levando o timón do barco.
E por suposto, bautizáronnos por ser a primeira vez que iamos no Cabo Fradera (bueno algúns era a segunda vez que ían)
Unha experiencia chulísima!!!!!