Hoxe fixemos unha excursión chulísima,
fomos á Marina (en Tui), para visitar o barco militar Cabo Fradera,
mentras esperábamos o noso turno para subir ao barco, estivemos no parque, logo preparámonos con chalecos salvavidas.
Unha vez no barco e dun xeito moi ordenado, fóronnos ensinando por grupos, o que eles chaman a ponte do barco (a cabina) e todo o que hai alí, unha ametralladora ....
aprendemos un montón de cousas.
Logo tivo o lugar o bautizo fluvial, porque era a primeira vez que subiamos no barco e para rematar tivo lugar a entrega de diplomas.
E como non podía ser doutra forma,
repuxemos forzas cunha boa merenda e
un tempo de lecer no parque.
Pasámolo xenial !!!!!! e disfrutamos dunha vistas extraordinarias !!!!!!
Querémolo compartir con vós
para que o disfrutedes tanto coma nós.