Este trimestre todo o noso cole traballamos o proxecto:
" A onde nos leve o GPS",
Comenzamos descubrindo como funciona o GPS,
a primeira práctica foi seguir o percorrido dende o cole ata as nosas casas, para iso axudáronnos as nosas familias, algunhas utilizaron móbil e outras, o navegador do coche.
A segunda experiencia foi ir dende o cole ata a Casa Cultural de
O Anxo, seguindo o itinerario do navegador do coche
da profe Vero.
Outra experiencia foi ir dende o cole ata o rexistro civil de Tui e a Policía, seguindo o google maps nos móbiles das nosas familias.
Este video amosa como nos encanta seguir os itinerarios polo GPS.
O motivo de ir ao rexistro foi porque queríamos investigar cal é a nosa nacionalidade e como tamén temos tres compañeiros novos, queriamos saber se eran de Tui coma nós.
Alí comprobamos que todos somos españois, pero non todos do mesmos concello, e que as familias de tres compañeiros son marroquís.
Polo que embarcámonos no Proxecto:
"UN GPS CON DESTINO A MARRAKQUECH"
Esta vez o GPS, levounos a Marrakech,
unha importante cidade de Marrocos.
Decidimos organizar un finde nesta cidade,
Distribuídos en tres equipos investigamos coa axuda das nosas familias unha parte do proxecto:
*Hotel onde aloxarnos e servizos cos que conta
*Monumentos a visitar
*Onde comer e cear. Que comer. Onde ir de compras.
Utilizamos o Google maps, para coñecer a ruta ata Marrakech, saber o medio de transporte máis axeitado (Os compañeiros de 2º, fixeron un estudo máis concienzudo deste tema) e por suposto coñecer como chegar aos lugares que queriamos visitar.
A mamá de Nouha ensinounos moitíiiiisimas cousas do seu país.
Aquí podedes comprobar o ben o que o pasamos,
sobre todo facendo pan marroquí.
Este proxecto, guiou a conferencia que fixemos conxuntamente cos compañeiros de 2º, para todo o noso cole.
Esta presentación axudounos na nosa exposición oral:
E se queredes escoitar tamén vos a conferencia tan interesante que fixemos .....
clicade e vos mesmos poderedes comprobar,
que bos conferenciantes somos!!!!