Os amigos do número 10 . O método ABN infantil é un método que ten como
base o número 10. Entón o primeiro que temos que ensinar aos nenos e as nenas é a
contar. Para iso utilizamos xogos para aprender os números , neste caso
“os amigos do número 10 ”.
¿Cales son os amigos do número 10?
Os amigos do número 10 son parellas de números (iguais ou distintos) que ao
sumalos dan 10.Vexamos isto cun fermoso arco iris de números.
Arco iris de números
Imaxinemos que temos este fermoso arco iris de números. Este arco iris nos vai a
axudar a comprender aos amigos do número 10. Observa a seguinte imaxe:
Só observa os números que sinalan as frechas, é dicir o nº 0 e o nº 10.
Se a 0 lle sumamos 10 (que é o número que está do outro lado do arco iris, o número
que obtemos é 10).
Entón: 0 + 10 = 10 .
Vexamos o que ocorre cos seguintes números. Agora, se observamos o número 1 e
continuamos por esa curva cor laranxa ata encontrar ó número que está do outro
lado do arcoíris, podremos saber que o 1 e o 9 son amigos do número 10.
Entón: 1 +9 =10
Se tomamos o número 2 e percorremos o arcoíris por esa curva cor amarela ata
chegar ao número 8, sabremos que o número 2 e o 8 son amigos do número 1.
Entón:2 + 8 =10
Sigamos agora co número 3. Vemos que, do outro lado do arcoíris, o número que
acompaña ao 3 é o 7. Entón sabemos que 3 + 7 = 10
Agora imos mirar o número 4. Si recorremos o número 4 ata cruzar o arco iris,
atopamos co número 6. Entón o 4 e o 6 son amigos do número 10.
Así: 4 + 6 =10
E qué pasa co número 5? Este número, só é amigo de sí mesmo. Entón:
5 + 5 = 10
Vedes que non é tan difícil?
E ocorre o mesmo se queremos facer o camiño inverso. Fai ti mesmo o exercicio e
verifica co arco iris que é posible aprender a sumar coñecendo aos amigos do
número 10.
10 + 0 =10
9 + 1 = 10
8 + 2 = 10
7 + 3 = 10
6 + 4 = 10
5 + 5 = 10
4 + 6 = 10
3 + 7 = 10
8 + 2 = 10
1 + 9 = 10