martes, 12 de marzo de 2019

PAZOSVISION ENTROIDO 2019


Este ano tivemos un Entroido moi festivaleiro.
por iso en vez de Eurovisión, chamámoslle Pazosvisión.
Nós xunto cos compañeiros e compañeiras de 2º 
representamos  a Portugal.
Coma en todas as festas de Entroido,
pasámolo xenial. 
Somentes hai que vernos ...





martes, 29 de xaneiro de 2019

VISITA EXPOSICIÓN PLAIMOBIL

O venres 25 de xaneiro, 
visitamos a exposición de Plaimobiles no Hotel Cemar en Mondariz Balneario, 
 pero o que máis nos gustou foi montar en cabalo,
 unha sorpresa inesperada !!!!

luns, 28 de xaneiro de 2019

CREADORES DE XOGUETES RECICLADOS



Durante as vacacións de Nadal, creamos 
un xoguetes con material de refugallo,
case tan chulos coma os que nos regalaron os Reis Magos.
Con eles fixemos un libriño para escribir en galego,
unha exposición na entrada do cole e cada un de nós, e a profe gravounos en video,  contando un pouquiño con que materiais o fixemos...
Clicade na foto e poderedes comprobar o ben que nos imos explicando en galego !!!!!



xoves, 20 de decembro de 2018

EXCURSIÓN: LA NAVE

Unha excursión que sempre ten éxito é a da Nave, en Vigo.
Se o queredes
 comprobar, so tedes que clicar na foto.


martes, 4 de decembro de 2018

A ONDE NOS LEVE O GPS



Este trimestre todo o noso cole traballamos o proxecto: 
" A onde nos leve o GPS",
Comenzamos descubrindo como funciona o GPS,
a primeira práctica foi seguir o percorrido dende o cole ata as nosas casas, para iso axudáronnos as nosas familias, algunhas utilizaron móbil e outras, o navegador do coche.

A segunda experiencia foi ir dende o cole ata a Casa Cultural de 
O Anxo, seguindo o itinerario do navegador do coche 
da profe Vero.

Outra experiencia foi ir dende o cole ata o rexistro civil de Tui e a Policía, seguindo o google maps nos móbiles das nosas familias.

Este video amosa como nos encanta seguir os itinerarios polo GPS.



O motivo de ir ao rexistro foi porque queríamos investigar cal é a nosa nacionalidade e como tamén  temos tres compañeiros novos, queriamos saber se eran de Tui coma nós.
Alí comprobamos que todos somos españois, pero non todos do mesmos concello, e que as familias de  tres compañeiros son marroquís.
Polo que embarcámonos no Proxecto:

"UN GPS CON DESTINO A MARRAKQUECH"

 Esta vez o GPS, levounos a Marrakech, 
unha importante cidade de Marrocos.

Decidimos organizar un finde nesta cidade,
Distribuídos en tres equipos investigamos  coa axuda das   nosas familias unha parte do proxecto:

*Hotel onde aloxarnos e servizos cos que conta
*Monumentos a visitar
*Onde comer e  cear. Que comer. Onde ir de compras.

 Utilizamos  o Google maps, para coñecer a ruta ata Marrakech, saber o medio de transporte máis axeitado (Os compañeiros de 2º, fixeron un estudo máis concienzudo deste tema) e por suposto coñecer como chegar aos lugares que queriamos visitar.

A mamá de Nouha ensinounos moitíiiiisimas cousas do seu país.

Aquí podedes comprobar o ben o que o pasamos,
sobre todo facendo pan marroquí.


Este proxecto, guiou a conferencia que fixemos conxuntamente cos compañeiros de 2º,  para todo o noso  cole. 
Esta presentación axudounos na nosa exposición oral:


E se queredes escoitar tamén vos a conferencia tan interesante que fixemos ..... 
clicade e vos mesmos poderedes comprobar, 
 que bos conferenciantes somos!!!!



mércores, 21 de novembro de 2018

TRES XOGUETES PREFERIDOS



"TRES XOGUETES PREFERIDOS"
É un proxecto que naceu dun problema que temos 
os nenos e nenas de 1º:
"falar en galego", porque entendémolo perfectamente, 
peeeero ..... cústanos expresarnos e escribir en galego.
Este traballo consta de dúas partes,
na que traballamos por unha banda a expresión oral e 
pola outra recollemos por escrito o que cada neno e nena, nos amosa e explica.


Empezou Nouha:


Alex:

https://drive.google.com/open?id=1c_oycC-0g9Xr3pRjfYi8T-5YbnWl6Q2I

Tomás:


Martín:


Leo:


Nico:



Antía:


Laura:


Mateo:





Mohssin:



luns, 12 de novembro de 2018

VISITA AO ESTADIO DE BALAÍDOS

O luns 5 de novembro, 
visitamos o estadio de Balaídos en Vigo,
visitamos o Museo do Celta, os vestiarios dos futbolistas que foi o que más nos gustou porque alí atopamos as fotos dos nosos ídolos do Celta, tamén estivemos no campo, que ten herba natural e artificial, entramos na sala de prensa....

Unha experiencia inolvidable!!!!

Clicade na foto para que vos fagades unha idea do que vimos.