venres, 20 de novembro de 2020

 ANDY WARHOL EN PAZOS

Este curso quixemos decorar as nosas carpetas de plástica ao estilo Pop Art, que é un movemento artístico que xurdíu en Reino Unido e EEUU a mediados do século xx. 

Inspírase na estética da vida cotiá, 

no mundo do cine...  como é o cadro de 

"Marilyn Monroe" de Andy Warhol, 

Nós, inspirándonos tamén neste cadro, 

pintamos os nosos rostros ao estilo Warhol.

Mirade que resultados tan chulos...!!!!






martes, 10 de novembro de 2020

SAMAÍN 2020


 Este ano non deixamos que o Coronavirus impedira que celebráramos o Samaín, aínda que dun xeito un pouco distinto a outros anos, sobre todo porque non poidemos xuntarnos 

con outros compis.

Que mágoa!!!!

Entre outras cousas fixemos un obradoiro de manualidades, recitamos por equipos a poesía do Fantasma Cucufato e fixemos tamén  un pequeno desfile entre nós, porque estabamos todos guapísimos... 

Do demáis xa sabedes como foi a través das fotos que vos chegaron.


martes, 14 de xaneiro de 2020

CONFERENCIA 2019

O 17 de decembro fixemos a nosa conferencia 
conxuntamente cos compañeiros e compañeiras  de 2º.
Titúlase
 "Para un corpo san ... unha alimentación saudable".

Se queredes aprender tantas cousas coma nós, 
so tedes que clicar na foto.


mércores, 26 de xuño de 2019

VISITA PARQUE BOMBEIROS

O mércores 12 de xuño, tivemos a oportunidade de visitar
 o Parque de bombeiros de O Porriño.
Persoal deste corpo de bombeiros ensináronnos en que consiste o seu traballo, as instalacións do parque, os traxes de seguridade...
Pero sin dúbida o que máis nos gustou foi ver e subir nos camións que están super-equipados.
Aprendemos cousas tan importantes como os riscos que podemos ter nas nosas casas e como actuar en caso de incendio. 

Unha experiencia moi ineresante!!!!

Poderedes comprobalo neste video.


luns, 10 de xuño de 2019

BAUTIZO FLUVIAL

Unha das mellores excursións deste curso foi o paseo polo río Miño, no Cabo Fradera, un barco militar.
A paisaxe extraordinaria e
 o que nos contaron os militares moi interesante.
Por uns instantes convertímonos en capitáns 
levando o timón do barco.
E por suposto, bautizáronnos por ser a primeira vez que iamos no Cabo Fradera (bueno algúns era a segunda vez que ían)
Unha experiencia chulísima!!!!!

xoves, 23 de maio de 2019

MAIOS 2019




Este ano fixemos un maio entre todos os profes e alumnos do cole.
A primeiro tocoulle colocar flores.
Algúns nenos e nenas encantoulles e traballaron moito.
Que calustra máis xeitosiña!!!!