xoves, 18 de marzo de 2021
GOZANDO DA NATUREZA
venres, 26 de febreiro de 2021
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro, e dende hai uns anos, vimos celebrando este día para mostrarlle o noso agarimo por todo o que fixo pola literatura e lingua galega.
Nós recitamos un poema recollido en
"Cantares Gallegos".
Se queredes escoitalo, clicade na imaxe de Rosalía.
xoves, 25 de febreiro de 2021
OBRADOIRO DE COMPOSTAXE
Esta semana participamos nun Obradoiro sobre compostaxe, lembramos a que contenedor ten o que ir o lixo e como facer compostaxe.
O alumnado de 1º e 2º de primaria, trouxemos da casa restos orgánicos que xunto cos que recollimos na clase, fixemos crecer o composteiro do noso cole e descubrimos como se van transformando en abono.
Esta experiencia tan interesante querémola compartir con vós,
so tedes que clicar na foto.
mércores, 17 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021
Este ano tivemos un Entroido distinto e adaptado ás circunstancias que estamos a vivir, pero non por iso menos divertido.
Todos tivemos en conta as ordes do Meco que nos axudou a ter ao longo da semana, ese puntiño de alegría no cole.
E por suposto non faltaron variedade de disfraces.
A alternativa foi facer obradoiros novidosos
que resultaron moi ben!!!
Comprobádeo vós mesmos!!!!!!
xoves, 4 de febreiro de 2021
PAISAXES A TÉMPERA
martes, 12 de xaneiro de 2021
CONFERENCIA: UN ANTES E UN DESPOIS DA COVID-19
A conferencia deste curso trata un tema que nos ocupou e preocupou en gran parte do 2019 e que non sabemos canto tempo do 2021...
a tan sonada pandemia da Covid-19.
O alumnado de 1º e 2º analizamos os cambios que supuxo o coronavirus nos distintos ámbitos da nosa vida, que non foron poucos e que por certo...
desexamos non tardar en volver a normalidade!!!!
Clicade na foto para ver e escoitar a nosa conferencia
venres, 20 de novembro de 2020
ANDY WARHOL EN PAZOS
Este curso quixemos decorar as nosas carpetas de plástica ao estilo Pop Art, que é un movemento artístico que xurdíu en Reino Unido e EEUU a mediados do século xx.
Inspírase na estética da vida cotiá,
no mundo do cine... como é o cadro de
"Marilyn Monroe" de Andy Warhol,
Nós, inspirándonos tamén neste cadro,
pintamos os nosos rostros ao estilo Warhol.
Mirade que resultados tan chulos...!!!!



