venres, 20 de abril de 2018

MINDFULNESS


Ao longo deste curso estivemos realizando algunhas actividades que traballaban a ATENCIÓN PLENA ou ATENCIÓN CONSCIENTE porque quixemos descubrir e experimentar que é iso de  Mindfulness.
Polo que experimentamos, trátase de tomar consciencia nas tarefas e facetas da nosa experiencia, no momento presente.
Podemos aprender a ser conscientes de como nos movemos, como nos sentimos, como respiramos... e como calmamos a nosa mente e os nosos pensamentos.
Normalmente solemos prestar atención ás actividades do momento solo cunha pequena parte de nós mesmos... mentras que a mente e os pensamentos están noutra  completamente distinta.
Vivimos no modo"piloto automático" e como queremos mellorar... 


Tódolos venres a última hora, xuntámonos cos compañeiros de segundo e facemos actividades de mindfulness.

Algunhas destas actividades  querémovolas  mostrar.
Tedes que clicar nas fotos para poder ver os videos.



Atención plena á respiración, cando inspiramos e cando expiramos.



O espello
Por parellas prestamos plena atención aos movementos que fai un dos compañeiro ou compañeira e  o outro deberá reproducir dito movemento.







A  mensaxe rota
Formamos un tren e temos que estar moi atentos ao que nos fai o compañeiro que está detrás, porque non se pode nin ver, nin falar so poñemos a atención no que  sentimos...
Ocorrre que ás veces esa mensaxe chega ben e outra cámbiase, todo depende da atención consciente que teñamos.





mércores, 18 de abril de 2018

FESTA DA POESÍA NO COLE




Ao longo do primeiro trimestre estivemos , no cole de Pazos de Reis, traballando POESÍA.
 Xogamos cos versos, lemos poesía, e escrbimos os nosos propios versos ,converténdonos en pequenos poetas.
Xunto cos compañeiros de 2º, preparamos un fermoso programa de radio sobre dous libros do poeta Fran Alonso, ao que lle fixemos unha entrevista.
Logo participamos na semana da poesía do cole, recitando os nosos poemas. Aquí tedes unha mostra da nosa actuación.

venres, 2 de xuño de 2017

O ODIO E O ENFADO

A partir do cadro do Guernica de Picasso, quixemos recoller os rostros que expresan odio, enfado e dor e os interpretamos ao noso xeito.
Isto foi o que resultou.


xoves, 1 de xuño de 2017

NOMES E RIMAS

Neste trimestre, coa poesía divertímonos 
dos nomes, 
pareados salíannos.



martes, 30 de maio de 2017

O AMOR

Para traballar os cadros sobre o amor, observamos algunhas obras sobre todo de Miró e de Picasso. Nós fixemos as nosas interpretacións persoais resultando esta fermosa colección de cadros amorosos.

xoves, 23 de marzo de 2017

MEDO

A emoción do medo fácilmente invade os nosos pensamentos, aquí vos presentamos os nosos cadros, que expresan algúns destes medos.