mércores, 18 de abril de 2018

FESTA DA POESÍA NO COLE




Ao longo do primeiro trimestre estivemos , no cole de Pazos de Reis, traballando POESÍA.
 Xogamos cos versos, lemos poesía, e escrbimos os nosos propios versos ,converténdonos en pequenos poetas.
Xunto cos compañeiros de 2º, preparamos un fermoso programa de radio sobre dous libros do poeta Fran Alonso, ao que lle fixemos unha entrevista.
Logo participamos na semana da poesía do cole, recitando os nosos poemas. Aquí tedes unha mostra da nosa actuación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario