venres, 27 de abril de 2018

MINDFULNESS

Hoxe fixemos un exercicio de obsevar con moita atención un espazo que 
frecuentamos moito, como é o ximnasio.
Tratábase de fixarnos en algo que nunca  observáramos e que seguramente leve xa algún tempo neste lugar.
Se queredes saber que novas cousas descubrimos, clicade na foto.




Investigamos las emociones
  
Outra actividade que fixemos consistiu en observar que sinte o noso corpo tanto física como emocionalmente, cando nos imaxinamos que estamos experimentando unha situación agradable, como pode ser a celebración do noso cumple, e ademáis o noso mellor amigo ou amiga, vai quedar durmir na nosa casa despois da festa. E tamén pensamos nunha situación desagradable, pedímoslle aos nosos pais que se quede a durmir outro amigo nese día, e sen darnos motivos, deciden que non.

Nos non estamos habituados a escoitar ao noso corpo e tampouco aos nosos sentimentos, este exercicio fainos tomar máis conciencia do que sentimos e ser máis reflexivos, porque temos que ser os capitáns de nós mesmos, aprendendo  a controlar os nosos pensamentos e as nosas  reaccións.

Non podemos perder 
o rumbo do noso barco ...
 que somos cada un de nós!!!!

Estas foron as respostas que nese momento sentíamos,
 clicade de novo na foto, se queredes escoitalas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario