mércores, 21 de novembro de 2018

TRES XOGUETES PREFERIDOS



"TRES XOGUETES PREFERIDOS"
É un proxecto que naceu dun problema que temos 
os nenos e nenas de 1º:
"falar en galego", porque entendémolo perfectamente, 
peeeero ..... cústanos expresarnos e escribir en galego.
Este traballo consta de dúas partes,
na que traballamos por unha banda a expresión oral e 
pola outra recollemos por escrito o que cada neno e nena, nos amosa e explica.


Empezou Nouha:


Alex:

https://drive.google.com/open?id=1c_oycC-0g9Xr3pRjfYi8T-5YbnWl6Q2I

Tomás:


Martín:


Leo:


Nico:



Antía:


Laura:


Mateo:





Mohssin:



luns, 12 de novembro de 2018

VISITA AO ESTADIO DE BALAÍDOS

O luns 5 de novembro, 
visitamos o estadio de Balaídos en Vigo,
visitamos o Museo do Celta, os vestiarios dos futbolistas que foi o que más nos gustou porque alí atopamos as fotos dos nosos ídolos do Celta, tamén estivemos no campo, que ten herba natural e artificial, entramos na sala de prensa....

Unha experiencia inolvidable!!!!

Clicade na foto para que vos fagades unha idea do que vimos.




MAGOSTO 2018

O venres 2 de novembro, 
entre chori-pans, xogos super-divertidos,
 castañas asadas e enfarruxadas ...
Celebramos un magosto guai ....

Clicade para comprobar 
que ben o pasamos!!!




luns, 5 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

Este ano os amigos e amigas de infantil, 
convidáronnos a celebrar o Samaín,
foi moi divertido, fixemos varios equipos para ir a catro talleres:
o de cociña, onde preparamos a merenda, un de manualidades onde fixemos un títere de morcego, o de maquillaxe, alí puxéronnos guapísimos e outro de manualidades para facer 
unha pantasma de chupa.
Tivemos a sorpresa dun ser monstruoso,
 algúns dicían se era thicher.... 
e antes de merendar houbo o conxuro de bruxas. 
Merendamos, saímos ao patio e para rematar vimos unha peli de Samaín todos xuntos.

Unha experencia moi chula!!!!!

So hai que vernos!!!!


luns, 15 de outubro de 2018

ARCIMBOLDOS EN 1º

Inspirándonos en Arcimboldo, quixemos facer un traballo para decorar as nosas carpetas de plástica.
Aportamos froitas e verduras variadas, que son algúns dos elementos que utiliza 
Arcimboldo nos seus cadros.
Así poidemos facer algunhas composicións de caras moi simpáticas, 
pero o máis divertido foi tunear as fotos dos nosos perfis.

Se clicades na foto poderedes ver todo o noso traballo.


martes, 22 de maio de 2018

BAUTIZO FLUVIAL NO MIÑO


Hoxe fixemos unha excursión chulísima,
 fomos á Marina (en Tui), para visitar o barco militar Cabo Fradera,
 mentras esperábamos o noso turno para subir ao barco, estivemos no parque, logo preparámonos con chalecos salvavidas.

Unha vez no barco e  dun xeito moi ordenado, fóronnos ensinando por grupos, o que eles chaman a ponte do barco (a cabina) e todo o que hai alí, unha ametralladora .... 
 aprendemos un montón de cousas.

 Logo tivo o lugar o bautizo fluvial, porque era a primeira vez que subiamos no barco e para rematar tivo lugar a entrega de diplomas.

E como non podía ser doutra forma,
 repuxemos forzas cunha boa merenda e
 un tempo de lecer no parque.

Pasámolo xenial   !!!!!!    e disfrutamos dunha vistas extraordinarias !!!!!!
Querémolo compartir con vós 
para que o disfrutedes tanto coma nós.









venres, 27 de abril de 2018

MINDFULNESS

Hoxe fixemos un exercicio de obsevar con moita atención un espazo que 
frecuentamos moito, como é o ximnasio.
Tratábase de fixarnos en algo que nunca  observáramos e que seguramente leve xa algún tempo neste lugar.
Se queredes saber que novas cousas descubrimos, clicade na foto.




Investigamos las emociones
  
Outra actividade que fixemos consistiu en observar que sinte o noso corpo tanto física como emocionalmente, cando nos imaxinamos que estamos experimentando unha situación agradable, como pode ser a celebración do noso cumple, e ademáis o noso mellor amigo ou amiga, vai quedar durmir na nosa casa despois da festa. E tamén pensamos nunha situación desagradable, pedímoslle aos nosos pais que se quede a durmir outro amigo nese día, e sen darnos motivos, deciden que non.

Nos non estamos habituados a escoitar ao noso corpo e tampouco aos nosos sentimentos, este exercicio fainos tomar máis conciencia do que sentimos e ser máis reflexivos, porque temos que ser os capitáns de nós mesmos, aprendendo  a controlar os nosos pensamentos e as nosas  reaccións.

Non podemos perder 
o rumbo do noso barco ...
 que somos cada un de nós!!!!

Estas foron as respostas que nese momento sentíamos,
 clicade de novo na foto, se queredes escoitalas.