Hoxe fixemos un exercicio de obsevar con moita atención un espazo que
frecuentamos moito, como é o ximnasio.
frecuentamos moito, como é o ximnasio.
Tratábase de fixarnos en algo que nunca observáramos e que seguramente leve xa algún tempo neste lugar.
Se queredes saber que novas cousas descubrimos, clicade na foto.
Investigamos las emociones
Outra actividade que fixemos consistiu en observar que sinte o noso corpo tanto física como emocionalmente, cando nos imaxinamos que estamos experimentando unha situación agradable, como pode ser a celebración do noso cumple, e ademáis o noso mellor amigo ou amiga, vai quedar durmir na nosa casa despois da festa. E tamén pensamos nunha situación desagradable, pedímoslle aos nosos pais que se quede a durmir outro amigo nese día, e sen darnos motivos, deciden que non.
Nos non estamos habituados a escoitar ao noso corpo e tampouco aos nosos sentimentos, este exercicio fainos tomar máis conciencia do que sentimos e ser máis reflexivos, porque temos que ser os capitáns de nós mesmos, aprendendo a controlar os nosos pensamentos e as nosas reaccións.
Non podemos perder
o rumbo do noso barco ...
que somos cada un de nós!!!!
Estas foron as respostas que nese momento sentíamos,
clicade de novo na foto, se queredes escoitalas.
clicade de novo na foto, se queredes escoitalas.