Ao longo deste curso estivemos realizando algunhas actividades que traballaban a ATENCIÓN PLENA ou ATENCIÓN CONSCIENTE porque quixemos descubrir e experimentar que é iso de Mindfulness.
Polo que experimentamos, trátase de tomar consciencia nas tarefas e facetas da nosa experiencia, no momento presente.
Podemos aprender a ser conscientes de como nos movemos, como nos sentimos, como respiramos... e como calmamos a nosa mente e os nosos pensamentos.
Normalmente solemos prestar atención ás actividades do momento solo cunha pequena parte de nós mesmos... mentras que a mente e os pensamentos están noutra completamente distinta.
Vivimos no modo"piloto automático" e como queremos mellorar...
Tódolos venres a última hora, xuntámonos cos compañeiros de segundo e facemos actividades de mindfulness.
Algunhas destas actividades querémovolas mostrar.
Tedes que clicar nas fotos para poder ver os videos.
Atención plena á respiración, cando inspiramos e cando expiramos.
O espello
Por parellas prestamos plena atención aos movementos que fai un dos compañeiro ou compañeira e o outro deberá reproducir dito movemento.
A mensaxe rota
Formamos un tren e temos que estar moi atentos ao que nos fai o compañeiro que está detrás, porque non se pode nin ver, nin falar so poñemos a atención no que sentimos...
Ocorrre que ás veces esa mensaxe chega ben e outra cámbiase, todo depende da atención consciente que teñamos.